Os seus datos persoais están sendo tratados, na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, en concreto, pola Consellería de Economía e Industria para a xestión do Bono Social Térmico 2023 e da Axuda complementaria ao Bono Social de Electricidade 2023. A orixe dos datos persoais tratados, que incluirán datos identificativos, datos bancarios e datos relativos ás circunstancias sociais, é a correspondente entidade comercializadora de enerxía, a Xunta de Galicia, ou os propios beneficiarios. As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se especifica en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Máis información en: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos e https://economia.xunta.gal/bono-social.