Os seus datos persoais están sendo tratados, na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, en concreto, pola Consellería de Política Social e Xuventude para a xestión do Bono Social Térmico 2022 e pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para a xestión do Bono Social Eléctrico 2023. A orixe dos datos persoais tratados, que incluirán datos identificativos, datos bancarios e datos relativos ás circunstancias sociais, é a correspondente entidade comercializadora de enerxía, a Consellería de Política Social e Xuventude, ou os propios beneficiarios. As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento segundo se especifica en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Máis información en: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos e https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/inclusion-social/axudas-e-prestacions/bono-social-termico.